bio

Nado na Galiza e formado na Escola de Imaxe e Son da Coruña (EIS), Alberto Lobelle alterna o seu traballo en series de televisión, anuncios, documentais e filmes coa realización de obras de marcado carácter independente.

En 2011, a súa longametraxe “Matisse se escribe con dos eses”, é seleccionada en DocumentaMadrid e Al Jazeera International Documentary Film Festival, entre outros festivais. En 2015, Den Pobedy: Día da Vitoria”, realizada con material atopado, ten a súa estrea mundial no FIDMarsella. O seu último filme Paisaxes da Capelada” estréase no DocumentaMadrid 2017, onde acada o Premio á Mellor Fotografía. En 2019 e 2020 traballa como director na serie de televisión El secreto de Puente Viejo.

Twitter Facebook Vimeo LinkedIn